Loading

Somos un estudio de creatividade e deseño gráfico. Especialistas en creación de marcas, packaging, web, edición editorial, publicidade e fotografía

Acompañamos os nosos clientes en todas as etapas do proceso, ofrecendo métodos e solucións adaptadas ás necesidades de cada momento. A nosa experiencia, seriedade, formación e paixón polo deseño e a fotografía son a clave. Cóntanos o teu proxecto e nós acharemos a mellor estratexia para ti e o teu negocio. Transformamos problemas en solucións

Desde o 2014 facemos que coa nosa experiencia, creatividade e formación abarquemos modelos de negocio diferentes. Non hai proxecto aburrido ou pequeno, o importante é facelo atractivo e relevante

Clientes que contan co noso traballo: Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Muebles Fraga, Gala do Libro Galego, Centro de Apoio Alumar, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación para o Desenvolvemento da Comarca de Ordes, Asociación Galega de Editoras, Diario Noroeste, Zlick, Ronsel de Ideas, Escola de Arte e Superior de Diseño Pablo Picasso, Mercado de Abastos de Santiago, La Voz de Galicia, FCC Lousame, Fundación Galiza Sempre, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Concello de Carballo, Concello de Malpica, Concello da Coruña, Concello de Cambre, Concello de Laxe, Concello de Viana do Bolo, Concello de Cabanas, Editorial Cousa Nostra, Editorial Xerais, Comunicar, Espazo Abella, FilMesturas, IES Menendez Pidal, Compagnie de Théâtre Ni Chis Ni Mus, Universidade da Coruña...

O teu estudio en Cerceda, falamos?

666 462 424 / 654 205 068

info@distritoxermar.net

Branding e imaxe corporativa
O noso obxetivo é crear un concepto de calidade, unha imaxe coherente, innovadora e atractiva que aporte valor ás marcas e clientes finais
Edición editorial
Unha das nosas especialidades é o deseño gráfico e a maquetación de libros, revistas e folletos en soporte papel, a nosa experiencia aválanos
Campañas de márketing e publicidade
Realizamos tarefas de planificación e estratexia para que a túa campaña sexa visible e atractiva
Desenvolvemento de web
Deseñamos a túa páxina web á medida. Achegamos así a mellor experiencia do usuario atendendo á estética, accesibilidade e ao posicionamento SEO
Packaging e etiquetado
Realizamos propostas creativas, diferenciadas e sustentábeis co medio ambiente. Grazas á nosa experiencia tanto no deseño como en materiais e acabados
Fotografía e vídeo
A fotografía e o vídeo son unha das nosas paixóns, por iso ofrecemos: fotografía promocional, publicitaria, de retrato, eventos sociais, editorial, documental, artes escénicas...

info@distritoxermar.net

Algúns dos traballos realizados

Created By
Distrito Xermar sanchez regueiro
Appreciate